A nova artesanía dixital

A IA xerativa está aquí para quedarse. A miña principal demanda é que loitemos para que o control da mesma non caiga nas mans dos tecno-oligarcas.

A nova artesanía dixital
Foto de Dominik Scythe / Unsplash

A pasada fin de semana atopeime cun libro branco asinado por enxeñeiros de Google titulado The New SDLC With Vibe Coding. O título, polo feito de empregar o termo Vibe Coding, pode facer que moitas persoas non pasen á segunda páxina. Con todo, ao longo do documento defenden a idea de que hai unha forma mellor e máis metódica de facer uso dos LLMs como ferramenta de programación: a coñecida como Harness Engineering ou Agentic Engineering.

Máis aló dos contidos, que podedes ler con calma en calquera momento, os autores fan referencia a unha analoxía que leva resoando moito na miña cabeza:

The mental model that ties these transformations together is what we call the factory model. In this model, the developer's primary output is not code - it's the system that produces code. [...]
[...]
A factory manager does not assemble every widget by hand. They design the assembly line and ensure quality control. The modern developer designs the development system and ensures that its output meets the required standard.
[...]
If the developer is the factory manager, the AI model is merely the raw engine on the factory floor.

Basicamente, establecen un paralelismo entre o traballo dos programadores que usan ferramentas baseadas na IA xerativa ou GenAI (Claude Code, Codex, etc.) e o dos xestores das plantas de produción. Por tanto, temos que entender que no outro lado da balanza está a forma tradicional de desenvolver software, máis próxima á artesanía. Para uns prima a velocidade, para outros a calidade.

Algunha vez comezáchedes a montar un moble de Ikea só para decatarvos de que os parafusos non estaban na caixa ou que un dos orificios era demasiado estreito? Se vos dan a elixir entre un Toyota e un Lamborghini, con cal vos quedades? Preferides comer en Azurmendi ou en 100 Montaditos?

Evidentemente sempre hai e haberá puntos intermedios e momentos nos que un moble barato fai máis servizo que un moble de carballo tallado a man (un saúdo ás nais e pais que me están a ler)[1]. Este artigo non pretende ser un alegato en contra desta nova forma de programar. É máis, sospeito que a maioría da sociedade nos posicionaremos nun punto intermedio. No meu caso téñoo bastante claro: quero ofrecer calidade, e cando sexa preciso velocidade, cando menos controlar o motor.

Sobre polarización

Nos últimos anos estamos a vivir un auxe dos extremismos, feito acelerado polos algoritmos das redes sociais que nos forzan a estar ou ben completamente a favor ou ben completamente en contra de calquera movemento. As posicións tibias non venden. Non obstante, hai persoas cunha capacidade técnica incuestionable como Mitchell Hashimoto (cofundador de HashiCorp) que fan unha lectura máis pragmática da situación:

I use AI heavily. [...] I'm also quite vocal about remaining rational about its capabilities and frustrated with its negative impacts on open source.
[...]
The point is that I have opinions. Those opinions don't fully align with ZSF's [strict no-LLM policy] approach. And yet, I have nothing but respect for ZSF [...].

Tamén me parece digna de mención a postura que están discutindo os desenvolvedores da linguaxe de programación Rust:

There is not a consensus within the Rust project—and likely never will be—about when/how/where it is acceptable to use AI-based tools. Many members of the Rust project and community find value in AI; many others feel that its negative impact on society and the climate are severe enough that no use is acceptable. Still others are working out their opinion.
[...]

  • Many people find LLM-generated code and writing deeply unpleasant to read or review.
  • Many people find LLMs to be a significant aid to learning and discovery.
  • LLMs are a new technology, and we are still learning how to use, moderate, and improve them.

Sobre impacto social

Creo que é preciso restarlle certa importancia ao impacto da IA xerativa no sector tecnolóxico. Os que traballamos nas TIC, somos, por norma xeral, uns privilexiados. Pola contra, as consecuencias prometen ser moito máis preocupantes noutras áreas da sociedade tradicionalmente máis precarizadas (véxanse deepfakes, desinformación masiva, saturación de servizos públicos, homoxeneización da sociedade, destrozos no sistema educativo e artístico...).

Guste ou non, a IA xerativa está aquí para quedarse. A miña principal demanda é que loitemos para que o control da mesma non caiga nas mans dos tecno-oligarcas.

Por citar a outra figura de referencia, Yann Lecun:

“We need access to a wide diversity of A.I. assistants for the same reason we need access to a wide diversity of the press to get multiple sources of information,” LeCun said. “The only way I can see that this can happen is if there is an open, free foundation model, on top of which anybody can build their own specialized assistant for their language or languages, their culture, their value system, their political biases, their centers of interest. And so open source has to exist.”

Eu engadiría: modelos abertos, regulación, e algo que deberiamos facer todos desde xa: exercer un uso consciente e crítico da tecnoloxía.


  1. Imos deixar os prezos de lado, porque de non teren estas grandes empresas de IA un modelo de negocio fortemente subvencionado, un Toyota Prius sería igual ou máis caro que un Lamborghini Reventón. ↩︎